Temos unha misión clara

XERAR RIQUEZA DENDE
GALICIA PARA GALICIA

Liñas de actuación

COMERCIO

Coñecer máis

COMERCIO

Potenciar o comercio local e de proximidade mediante a dixitalización e a creación de novas canles de distribución, garantindo a súa competitividade no mercado galego, nacional e internacional.

MOBILIDADE
SOSTIBLE

Coñecer máis

Mobilidade sostible

Promover solucións de transporte e loxística eficientes e limpas que respecten o medio ambiente e melloren a calidade de vida nas contornas urbanas e rurais de Galicia.

GASTRONOMÍA
E TURISMO

Coñecer máis

Gastronomía e turismo

Pór en valor o noso patrimonio cultural, paisaxístico e culinario a través dun modelo turístico de calidade, sostible e arraigado á identidade galega.

BIOTECNOLOXÍA
E COSMÉTICA

Coñecer máis

Biotecnoloxía e cosmética

Impulsar a investigación e o desenvolvemento, transformando os recursos naturais cultivados en Galicia en produtos de alto valor engadido.

AGRO
E FORESTAL

Coñecer máis

Agro e forestal

Modernizar as actividades agrícolas e forestais, fomentando a xestión eficiente dos recursos, a bioeconomía e o relevo xeracional no rural.

ENERXÍA

Coñecer máis

Enerxía

Apoiar a transición enerxética cara a fontes renovables, promovendo a eficiencia e a sustentabilidade enerxética do tecido empresarial e residencial galego.

Metodoloxía de traballo

  1. Tecnoloxía aplicada

    Implementamos ferramentas dixitais e tecnolóxicas en cada sector de actuación.

  2. Marketing

    Deseñamos estratexias de comunicación e posicionamento para que os proxectos galegos teñan proxección global.

  3. Deseño industrial

    Apostamos pola funcionalidade, a estética e a sustentabilidade no desenvolvemento de novos produtos.

  4. Emprendemento

    Creamos o ecosistema idóneo para que as boas ideas se convertan en empresas viables e rendibles.

  5. Talento

    Detectamos, formamos e retemos o capital humano galego, o verdadeiro motor do noso futuro.

Os nosos proxectos

Premios da Cociña Galega

Anualmente convocamos os Premios da Cociña Galega xunto coa Asociación de Amigos da Cociña Galega.

Nestes premios recoñecemos o traballo de cociñeiros/as en preservar pratos e receitas tradicionais como o polbo á feira, caldeirada de peixe, empanada, lamprea, callos á galega ou cocido.

Visitar a web do proxecto

Cartel da primeira edición dos Premios da Cociña Galega.
Dúas mulleres interveñen no atril durante a gala dos Premios da Cociña Galega.
Vista do escenario e do público na gala dos Premios da Cociña Galega.
Público asistente á gala dos Premios da Cociña Galega.
Dúas persoas posan ante o mural dos Premios da Cociña Galega.
Trofeo de cerámica coa identidade dos Premios da Cociña Galega.

Esencia Galega. Beauty Summit.

Construímos un punto de encontro para profesionais e público da cosmética galega.

Buscamos potenciar unha industria en crecemento e poñer en valor o cultivo de plantas e botánicos galegos como materia prima.

Visitar a web do proxecto

Mesa redonda con profesionais da cosmética e público en Esencia Galega · Beauty Summit.
Intervención ante o público durante unha entrega de recoñecementos en Esencia Galega · Beauty Summit.
Demostración dun tratamento facial na zona de exposición de Esencia Galega · Beauty Summit.
Dúas asistentes con bolsas da Asociación Cosmética Galega en Esencia Galega · Beauty Summit.
Expositor de produtos Delú e persoas conversando en Esencia Galega · Beauty Summit.
Expositor de Lacrema e Ageóptima en Esencia Galega · Beauty Summit.
Fotografía de grupo de participantes en Esencia Galega · Beauty Summit.

Tornaxeira

Tornaxeira era a axuda mutua entre veciños para sacar adiante os labores do campo. Un xeito de medrar xuntos, compartindo tempo, coñecemento e esforzo.

Con ese mesmo espírito nace este ciclo de charlas, Tornaxeira, impartidas por persoas expertas en marketing e vendas. Queremos crear un espazo no que os negocios da comarca do Carballiño poidan aprender, compartir experiencias e aportar solucións conxuntas aos retos que afrontan, recuperando o valor da colaboración como motor de crecemento.

A nosa historia

Retrato de Dolores González Lorenzo, Lola, a Muiñeira
Dolores González Lorenzo
Lola, a Muiñeira

«Que boa persoa era a Lola!»

Así a lembraban no Carballiño,
segundo o relato do seu neto.

Na lembranza do seu neto

Lola, a Muiñeira

Dolores González Lorenzo, Lola, a Muiñeira, era a maior de oito irmáns na aldea de Veiga, moi preto do Carballiño.

Sempre foi moi traballadora e quería para os seus fillos as oportunidades que ela non tivera, por iso lle insistiu tanto á miña nai na importancia de estudar. E a pesar de non ter estudos fixo todo o posible para que nada lle faltara aos seus: leiteira, rosquilleira, praceira… O que fixera falta para gañar o suficiente para os estudos dos seus fillos.

Muiñeira era o alcume familiar, polo visto, nalgún momento a nosa familia tivo muíños.

Era unha persoa moi querida no Carballiño. Facía negocios cantos podía, pero sempre con honradez e xenerosidade. Chegou a prestarlle cartos a unha familia que estaba a punto de ser desafiuzada. Moitas veces non cobraba o leite ás familias que tiñan dificultades para chegar a fin de mes.

Eu lembro o seu enterro coma unha verdadeira manifestación de agarimo e gratitude. Nunca vira tanta xente xunta na miña aldea… A estrada que leva a Eirexe, chea, que non se vía o final.

Imaxino que esa foi a forma que tivo a xente de darlle as grazas por ser coma foi. Por suposto, é a miña avoa e só teño lembranzas positivas dela, coma calquera neto. Pero dende que lembro, sempre que dixen que era o neto da Muiñeira, todo o mundo a lembraba con estas verbas: ‘Que boa persoa era a Lola!’

Xosé Luis RezaNeto de Lola e presidente da Fundación A Muiñeira

Padroado

Cun enfoque integral e colaborativo, Fundación A Muiñeira nace como un axente activo na construción dunha Galicia próspera, inclusiva e sostible.

Sabemos que cada iniciativa e acción contribúe ao benestar e ao progreso de todos nós, os galegos e galegas, respectando e promovendo as nosas arraigadas tradicións.

Xosé Luis Reza Pérez, presidente da Fundación A Muiñeira.

Presidencia

Xosé Luis Reza Pérez

Beatriz Pereira Lafuente, vicepresidenta da Fundación A Muiñeira.

Vicepresidencia

Beatriz Pereira Lafuente

Secretaría

Encarna R. Baleato

Lucía González Martínez, xerente da Fundación A Muiñeira.

Xerencia

Lucía González Martínez

Contacta connosco

Fundación A Muiñeira

Rúa Río Miño, 10 baixo
32500 O Carballiño
Ourense, Galicia

Correo electrónico:
info@fundacionamuineira.gal